O Parlamento Europeo deu a coñecer os tres finalistas do Premio Sájarov á liberdade de conciencia. Entre os nomeados figura o opositor ruso Alexéi Navalni, unha das voces máis críticas co presidente Vladímir Putin. É un dos candidatos con máis posibilidades, xa que conta co apoio dos grupos Popular e Liberal da Eurocámara. Navalni atópase actualmente en prisión. Os Socialdemócratas e Os Verdes apoiaron pola súa banda a candidatura das mulleres afgás, destacando a súa loita pola igualdade e os dereito humanos tras o regreso ao poder dos talibán. Entre elas, figura a alcaldesa máis nova do país, Zarifa Ghafari. A terceira nomeada é a ex presidenta de Bolivia, Jeanine Áñez, que conta co apoio do grupo Conservador entre cuxos membros se atopa Vox. Afirman que é un símbolo da represión contra os disidentes políticos en América Latina. Actualmente atópase no cárcere acusada de participar nun golpe contra Evo Morales.