A bolsa española cae un 7,88 %

1 minutes read

A bolsa española perdeu este luns o 7,88% e pechou en pouco máis de 6.100 puntos. Trátase dun peche afectado polo impacto económico do coronavirus e sen que as medidas monetarias adoptadas polos bancos centrais, como a baixada dos tipos de xuro en Estados Unidos, puidesen frear o descenso.

Concretamente, pouco despois da apertura da primeira sesión da semana, o principal indicador da Bolsa española, o IBEX 35, cotiza en 6.197 puntos, tras deixarse ese 6,53%.

Durante toda a sesión o indicador estivo pivotando ao redor dos 6.000 puntos, un nivel que os analistas consideran clave e que finalmente logrou salvar.