A Bonoloto deixa un premio de 1.305.581 euros en Redondela

O sorteo da Bonoloto celebrado este sábado deparou un único acertante de primeira categoría, nun boleto selado en Redondela. A combinación gañadora é a que marcou os números 10, 16, 21, 24, 25 e 31. O número complementario foi o 41 e o reintegro, o 9. Non houbo acertantes de segunda categoría (5 + complementario), polo que o importe destinado a esa categoría pasou á seguinte (5 acertos). Houbo 87 acertantes, que cobrarán algo menos de 3.000 euros.