A borrasca ‘Barra’ deixou unha altura de onda de trece metros en Cabo Vilán


Con aviso laranxa no litoral o mar estivo enfurecido durante a pasada ponte. O vento soprou con moita intensidade, obrigando á frota a estar amarrada. Por mor do temporal costeiro que acarreou a borrasca Barra, varias praias urbanas estiveron pechadas e o acceso aos areais estivo e estará prohibido ata este venres, mentres continúe o aviso laranxa. A boia de Cabo Vilán-Sisargas mediu na madrugada deste mércores unha altura de onda que roldou os trece metros de altura. Tras a caída de máis de 200 raios este mércores, un deles deixou inoperativo por varios días o sistema ILS do aeroporto de Alvedro, na Coruña, que permite aterrizar con pouca visibilidade. Esta situación tan desapracible foi mellorando co avance da xornada, aínda así as temperaturas roldaron os 10 grados.