A borrasca ‘Barra’ provoca o desbordamento do río Ebro


O temporal de choiva que causa a borrasca ‘Barra’ mantén en alerta a varias comunidades españolas durante a fin de semana ante o risco de aludes e o desbordamento dos ríos. O máis complicado estivo en Navarra, onde se desbordaron os ríos Ebro e Arga e este sábado atoparon o corpo sen vida do veciño de Elizondo de 61 anos que desapareceu o venres tras saír o seu domicilio para dirixirse ao traballo, sen que chegase á empresa, situada en Lesaka. Os bombeiros atoparon o corpo no interior do seu vehículo, no río Bidasoa, aínda que a forte corrente e a escasa visibilidade fixeron inviable o rescate nese momento. O Ebro en A Rioxa alcanzou un caudal de 1.257 metros cúbicos e unha altura de 4,75 metros ao seu paso por Logroño, aínda que a previsión é que vaia baixando xa aos poucos.