A borrasca Juliette deixou 20 graos baixo cero nos Pireneos e neve á beira do mar


Estamos nos días máis fríos do inverno. En Cataluña a neve descendeu á cota cero e cubriu de branco localidades costeiras como Gavá ou Viladecans, en Barcelona e tamén en Tarragona. No Pireneo, as temperaturas marcaron os 20 graos baixo cero. Nas Baleares activouse o risco extremo. Varios tramos de estradas tiveron que cortarse pola acumulación de neve, especialmente na serra da Tramuntana. A borrasca Juliette pode deixar neve a nivel do mar. En Valencia están a sufrir temperaturas xélidas. A neve e o frío foron os protagonistas tamén en Navarra, Aragón e Euskadi.