40
- O 112 Galicia xestionou maioritariamente intervencións relacionadas coa caída de árbores e o desprazamento de obxectos ás vías
Desde as oito da tarde do domingo e ata as oito da mañá deste luns, o 112 Galicia contabilizou un total de 266 incidencias, das cales 170 estiveron motivadas pola caída de árbores e máis de 30 por obxectos que se desprazaron ás vías. En menor medida, producíronse anegamentos en rúas, vivendas, baixos e garaxes (sete intervencións) sen que esta situación provocase dano algún ás persoas.
En xeral, as catro provincias galegas sentiron os efectos de Karine, aínda que destacan o número de intervencións rexistradas en Vigo, Ponteareas, Moaña ou Salceda de Caselas, en Pontevedra; Ramirás ou San Cibrao en Ourense, Lugo capital ou Portomarín e Betanzos, Brión, Teo ou Santiago na Coruña.