A borrasca Kyle deixa auga, vento e tira parte dunha casa en Berdillo

1 minutes read

Todo o litoral galego estivo este mércores en aviso amarelo ante a chegada de Kyle. Trátase dunha fronte fría, unha borrasca explosiva que deixou moita chuvia espallada por toda a comunidade e refachos fortes de vento, sobre todo na costa. Cabe destacar varias intervencións dos servizos de emerxencia na Costa da Morte, en Carballo houbo que retirar un rótulo desprendido, e no lugar da Ganduma en Berdillo o vento tirou a estrada xeral parte da fachada dunha casa abandonada e deshabitada, cortando o suministro eléctrico e telefónico que a ela estaba suxeito.

Accidente en Berdoias

Na tarde deste mércores tamén houbo un accidente de tráfico con feridos no cruce de Berdoias, en Vimianzo. En auxilio dos feridos acudiron a Garda Civil de Tráfico, 061 Vimianzo e Bombeiros de Cee.

Accidente Berdoias – Vimianzo_Foto.- Bombeiros de Cee.