A Brilat concede o premio “Dama Azor” á directora xeral de Saúde Pública

Carmen Duran_Cedida.

A Brigada “Galicia” VII, BRILAT, vén de conceder o premio “Dama Azor” 2021, á directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, pola súa contribución a que a BRILAT alcanzara altas cotas de eficacia durante a Operación Baluarte, e por impulsar o recoñecemento público ao persoal rastrexador das súas Seccións de Vixilancia Epidemiolóxica.

Este premio, que agora recibe a directora xeral, creouse no ano 2016 co fin de distinguir a aquelas persoas que, no seu labor diario e dende o altruísmo, prestaran apoio á BRILAT ou manteñan unha estreita relación con ela.

A concesión da distinción implica a inclusión como Membro de Número da Orde do Azor, co título de “Dama Azor”, correspondéndolle como tal a consideración de membro honorario da BRILAT. A entrega do premio terá lugar o vindeiro día 7 de xuño.