Os efectivos da Brilat volven realizar manobras no campamento de Parga, en Guitiriz, atrás quedan dous meses de confinamento en que os militares participaron na operación Balmis. Entre os servizos que prestaron, figuran os labores de control de rúas e de fronteiras e mais os de descontaminación de residencias. En Parga están acampados actualmente uns 170 efectivos da Brilat. Para evitar contaxios, non baixan a garda, polo que toman diferentes medidas, como controlar a temperatura corporal ou desinfectar as instalacións. Os exercicios que están a realizar os efectivos da Brilat en Parga están dirixidos a adestrarse para integrar unha forza conxunta da OTAN cualificada de moi alta dispoñibilidade.