A cabalgata de Carballo terá un percorrido de máis de 11 quilómetros

1 minutes read

Os Reis Magos regresarán o día 5 de xaneiro a Carballo para saír en cabalgata polos barrios urbanos. O percorrido, que supera os 11 quilómetros, detallarase nos vindeiros días, tamén se poderá seguir en streaming a través das redes sociais e da plataforma www.carballoenrede.com.

A cabalgata recupera o seu formato tradicional. Volverá a haber caramelos, grazas á colaboración do Centro Comercial Bergantiños e Caixabank, e volverá a haber recepción, para todos os nenos e nenas que o desexen, ao remate do percorrido na Praza do Concello. Tamén recupera a presenza dos/as paxes reais.

A saída da cabalgata está prevista para as 17.30 horas do 5 de xaneiro, e o percorrido, que incluirá a habitual parada na igrexa parroquial de San Xoán Bautista, durará arredor de dúas horas. Para amenizar a espera, a partir das 19.30 haberá animación infantil na carpa da Praza do Concello coa Picadiscos Mari Faltri.