A Cabalgata de Reis de Vigo contará con 11 carrozas inspiradas en filmes infantís

1 minutes read

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a resolución dos convenios de colaboración empresarial para participar na edición de 2023, que se celebrará o vindeiro 5 de xaneiro. Desfilarán polas rúas da cidade 11 carrozas que teñen como tema central os filmes infantís, na que seis delas pertencen a colaboración empresarial. Como avanzou o alcalde, Abel Caballero, Vigo terá novamente este ano dúas cabalgatas. A estática que terá lugar o 5 de xaneiro na Avenida de Castelao, dende as 11:00 ata as 15:00 horas. Pola tarde, a comitiva real percorrerá as rúas da cidade a partir das 17:00 horas, realizando un traxecto que a levará pola Praza de América, pasando pola rúa López Mora, rúa Pi i Margall e o Paseo de Alfonso, finalizando en Falperra e Cachamuíña. A recepción posterior que ofrece o Concello aos Reis Magos será na Porta do Sol as 21:00 horas.