Será cun percorrido que os leverá polas trece parroquias os días 4 e 5 de xaneiro. Todos os nenos e nenas empadroados no Concello, que teñan entre 9 e 15 anos (nados de 2010 a 2016) e que desexen vivir esta experiencia tan especial acompañando a Melchor, Gaspar e Baltasar como paxes xa poden preinscribirse ata as 12:00 horas do día 29 de decembro. O trámite xa pode realizarse en liña cubrindo o formulario dispoñible na páxina web municipal www.alaracha.gal e nas redes sociais do Concello, ou tamén de maneira presencial nas dependencias municipais.
No momento da preinscrición será necesario escoller unha das dúas quendas dispoñibles:
- Domingo 4: percorrido polas parroquias de Torás, Coiro, Soutullo, Golmar, Montemaior, Soandres e Erboedo.
- Luns 5: percorrido polas parroquias de Vilaño, Cabovilaño, Lemaio, Torás, Lendo, Caión e Lestón.
Para a adxudicación das prazas definitivas darase prioridade aos nenos e nenas que non participaran na cabalgata do ano anterior. No caso de que, unha vez aplicado este criterio, o número de solicitudes supere as prazas dispoñibles, realizaríase un sorteo público o martes 30 de decembro ás 11:00 horas no viveiro de empresas.