En Carballo, a caída dun piñeiro na Revolta obrigou a cortar a estrada comarcal 552


Ocorreu pasadas as 19:30 horas deste sábado, a caída dun piñeiro na zona da Revolta, próxima á entrada da AG-55 por Montecelo, deixou a estrada bloqueada e o tráfico rodado tivo que ser desviado pola circunvalación da autoestrada.

A poucos metros do lugar, na confluencia da entrada da fábrica de conservas Calvo, pasadas as 18:30 horas, un eucalipto esborrallouse sobre o tendido eléctrico e telefónico, causando un corte de subministración no transformador situado nas inmediacións e deixando ás escuras a toda a zona desde A Casilla ata Montecelo.