A caída dunha árbore en Carballo e unha saída de vía en Ponteceso mobilizan aos servizos de emerxencia

O accidente de Ponteceso produciuse a última hora da mañá deste luns na AC-419 ao seu paso polo lugar de Pazos. O turismo, un Chevrolet branco, ocupado unicamente pola súa condutora, saíuse da vía pola súa marxe dereita e chocou contra outro estacionado e un grupo de contedores. Ao lugar para auxiliar á persoa ferida acudiron o GES de Ponteceso, Policía Local e persoal sanitario, ademais do helicóptero do 061 con base en Santiago de Compostela.

Houbo ademais varias incidencias relacionadas co tráfico este luns, outra sinalable foi a caída dunha árbore pasadas as 4 da tarde sobre a AC-552 en Montecelo, xusto na saída da AG-55 . Ao lugar, alertados polo 112, acudiron en primeira instancia dúas patrullas da Policía Local de Carballo, ata que minutos máis tarde fíxose cargo da situación a Garda Civil de Tráfico, á espera da chegada dos bombeiros para a retirada do arbusto. Por sorte, non houbo que lamentar feridos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha