A Cámara de Comercio celebra este xoves 4 a Feira de Emprego en Carballo


A Feira de Emprego da Cámara de Comercio da Coruña celebrará a súa cuarta edición en Carballo o 4 de abril dentro da súa aposta por combater o desemprego entre os mozos. A capital de Bergantiños foi o lugar elixido pola entidade cameral para organizar este evento, que xa é un referente nacional polos seus elevados índices de participación, tanto de mozas e mozos como de empresas participantes.

A IV Feira de Emprego da Cámara de Comercio en Carballo celebrarase no Fórum desde as 10.00 e ata as 14.00 horas. Para participar é necesario estar inscrito no Programa de Garantía Xuvenil que impulsa a entidade cameral desde 2015. Neste sentido, desde a institución animan a formar parte da iniciativa e a apuntarse. A inscrición na feira é gratuíta e pode facerse na páxina web feriaempleoacoruna.es. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao 981 216 072.