37
Na provincia da Coruña beneficiaranse 79 concellos que cunha axuda autonómica de 1,7 millóns de euros poderán contratar a 125 persoas desempregas. Estas realizarán tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Na orde de axudas deuse prioridade aos concellos fusionados e os emprendedores. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo. O obxectivo da iniciativa é incrementar e mellorar as oportunidades laborais do rural, mediante a contratación de persoas desempregadas, e dar un impulso aos traballadores das zonas menos poboadas da comunidade autónoma.