A campaña de trampeo da velutina deixa 879 raíñas en Camariñas

1 minutes read
  • O ano pasado capturáronse case 10.000 raíñas desta especie invasora

O Concello de Camariñas iniciou o pasado 10 de marzo unha nova campaña de trampeo para loitar contra a avespa velutina. Polo momento, os operarios municipais encargados desta tarefa levan capturadas 879 raíñas desta especie invasora. O municipio de Camariñas está adherido ao convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para loitar contra a velutina.

As trampas, de índole caseira, consisten nunha mestura de alcoles con substancias doces como o vermú ou viño branco e diversas variedades de alcol branco. Un mecanismo que «polo de agora demostra ter unha gran efectividade» destacan desde o Concello. Estes elementos colócanse nas árbores con flor, especialmente nas que teñen camelias.