A campaña de trampeo da velutina en Cabana rexistra 755 capturas nun mes

1 minutes read
  • A iniciativa prolongarase ata o 15 de xuño

No Concello de Cabana, tras transcorrer un mes desde o inicio da campaña de trampeo da avespa velutina, capturáronse 755 raíñas. A veciñanza ten á súa disposición un total de 180 trampas e hai instaladas outras 80 en diferentes lugares públicos do municipio.

Cabana iniciou a loita contra a praga a mediados do mes de marzo tanto en zonas comúns (colexios, xardíns, igrexas ou o paseo marítimo) como en domicilios particulares. Este ano as trampas contan ademais con xeolocalización para comprobar a súa situación a través dunha aplicación móbil.

Aquelas persoas que desexen un destes dispositivos de captura xunto co líquido atraínte poden solicitalos no formulario dispoñible na web municipal (prema aquí). É obrigatorio informar do número de raíñas capturadas cada 15 días.