A campaña de trampeo de velutinas arrincará en Cabana o 16 de marzo

1 minutes read
  • Repartiranse 180 trampas e líquido atraínte entre a veciñanza que o solicite

A campaña de trampeo de avespas velutinas en Cabana prolongarase este ano desde o 16 de marzo ata o 15 de xuño. O Concello poñerá a disposición da veciñanza trampas e líquido atraínte para frear o avance da especie invasora.

Así, previa solicitude nas oficinas xerais do Concello ou a través da páxina web municipal, repartiranse ata 180 dispositivos de captura entre a veciñanza. Todas as persoas que soliciten trampas deberán informar de xeito obrigatorio do número de raíñas capturadas cada 15 días. Unha vez finalizada a campaña, as trampas deberán devolverse na casa consistorial.

Ademais, a empresa Plaguiber encargarase de colocar 80 trampas por distintos lugares públicos do municipio como a contorna dos colexios, xardíns, igrexas ou o paseo marítimo. Estes dispositivos estarán xeolocalizados mediante unha aplicación móbil.