O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu ao sorteo final da última edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, iniciativa de dinamización do sector que se desenvolveu entre o 5 e o 25 de xuño, organizada pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Xunta de Galicia.
En total, a campaña rexistrou máis de 120.000 tíckets, pertencentes a compras realizadas en máis de 150 localidades galegas, contribuíndo así a incrementar as vendas e a animar aos consumidores a apostar polo comercio de proximidade galego.
Ademais sorteáronse 12.000 euros en premios entre todos os participantes, repartidos en 64 tarxetas prepago de 250 e de 150 euros. Provisionalmente, os gañadores son clientes das siguientes localidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Arzúa, As Pontes, Ribeira, Melide, Ordes, Boiro, Narón, Santa Comba, Betanzos, Curtis, Arteixo, Lugo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Lourenzá, Muimenta, Foz, Quiroga, Meira, Chantada, Rábade, Taboada, Xove, Ribadeo, Ourense, Verín, O Carballiño, Xinzo de Limia, Celanova, Allariz, Ribadavia, O Barco de Valdeorras, Maceda, A Rúa, Vigo, Pontevedra, A Estrada, Redondela, O Grove, Lalín, A Guarda, Vilanova de Arousa, Baiona, Silleda, Nigrán, Tomiño, O Porriño, Ponteareas e Salceda de Caselas.