As provocacións de Vox fixeron estalar a campaña electoral da Comunidad de Madrid, RTVE cancela o debate electoral dos comicios autonómicos do 4 M, que estaba previsto para o próximo 29 de abril, ante a confirmación de non asistencia de varios candidatos e para non prexudicar a obrigada proporcionalidade e neutralidade de Radio Televisión Española, tal e como comunicou xa á Xunta Electoral Provincial de Madrid. A cancelación chega despois de que os candidatos de Más Madrid e Unidas Podemos, Mónica García e Pablo Iglesias, anunciasen este venres que non participarían en máis debates con Vox. O seu rexeitamento súmase á decisión da presidenta madrileña e candidata á reelección, Isabel Díaz Ayuso (PP), de non asistir a máis debates que o do pasado mércores en Telemadrid. García e Iglesias mostraron a súa negativa para seguir debatendo despois de que a candidata de Vox, Rocío Monasterio, insistise en cuestionar este venres durante o segundo debate electoral celebrado na Cadea SER as ameazas de morte que recibiron o propio Iglesias, o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska e a directora xeral da Garda Civil, María Gámez, por medio de cartas nas que había casquillos de bala.
24