A campaña ‘Galicia sabe aMar’ chegará este sábado a Zas


Esta iniciativa ten como obxectivo promover o consumo de peixes e mariscos entre a veciñanza así como a posta en valor do traballo dos profesionais do mar que contribúen ao suministro de alimentos de calidade entre a cidadanía. E para iso ofreceráselle unha degustación gratuíta de diferentes produtos do mar a todas as persoas que se acheguen ata a Praza do Concello de Zas en horario de 12:00 a 15:00 horas.