● O autobús de “Geración D” fai parada na Coruña con xogos e actividades didácticas, totalmente gratuítos, que axudarán a toda a súa poboación a potenciar a dixitalización e poñer freo á fenda dixital
A frota de “Geración D”, formada por seis autobuses, desprégase pola provincia da Coruña co fin de desenvolver e mellorar as competencias dixitais da súa cidadanía, aprender a sacar partido das oportunidades da dixitalización e coñecer novas ferramentas. Durante os meses de xuño e xullo os visitantes das diferentes unidades móbiles poderán poñer a proba os seus coñecementos na materia a través dunha experiencia dixital inmersiva.
Buscadores da internet, redes sociais, ciberseguridade, xestións online… A dixitalización forma parte do día a día. Por eso, esta experiencia, pensada para todos os públicos, ofrece aos usuarios multitude de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das súas competencias dixitais. As actividades son totalmente gratuítas e teñen unha duración aproximada duns 30 – 40 minutos.
A campaña “Geración D” está financiada polos Fondos Europeos – Next Generation a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial (SEDIA), dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transición Dixital. Levarase a cabo en Boiro, Santa Comba, Carballo, Arteixo, Culleredo, A Coruña, Oleiros, Sada, Betanzos, Fene, Ferrol e As Pontes de García Rodríguez.