A campaña itinerante que impulsa o desenvolvemento das competencias dixitais visitará Carballo os días 30 de xuño e 1 de xullo en horario de 10h a 13h e de 17h. a 21h , e o 3 de xullo en horario de 10h a 13:30h. Será a bordo dun autobús interactivo situado na Praza do Concello, co fin de desenvolver e mellorar as competencias dixitais da súa cidadanía, aprender a sacar partido das oportunidades da dixitalización e coñecer novas ferramentas. Os visitantes poderán poñer a proba os seus coñecementos na materia a través dunha experiencia dixital inmersiva.
Buscadores da internet, redes sociais, ciberseguridade, xestións online… A dixitalización forma parte do día a día. Por eso, esta experiencia, pensada para todos os públicos, ofrece aos usuarios multitude de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das súas competencias dixitais. As actividades son totalmente gratuítas e teñen unha duración aproximada duns 30 – 40 minutos.
0