- O sorteo realizouse durante a mañá deste mércores na casa consistorial
A campaña ‘Un Nadal de premio no comercio de Malpica’ xa ten gañadoras. Durante a mañá deste mércores realizouse o sorteo na casa consistorial no que se repartiron cinco vales de 100 euros cada un que deberán ser gastados nos comercios locais que participaron na iniciativa.
As gañadoras, porque todas son mulleres, son: Carmen, Dolores Pose, Nenucha, Beatriz Verdes e Ita. Nos próximos días o Concello contactará con elas para que recollan os seus premios.
Esta campaña partiu da concellaría de Promoción Económica para fomentar o consumo local durante o Nadal, iniciando a mesma o día cinco do mes de decembro. En total participaron 27 establecementos de diversos sectores nos que o cliente, por cada compra de 20 euros, entraba no sorteo.