33
Así llo confirmou a subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, ó alcalde de Ponteceso, Lois García.
Despois de 29 anos de dedicación no porto cormelán, o capitán marítimo encargado xubilarase no próximo mes de marzo. O rexedor do Concello quixo asegurarse de que, pese a este trámite, a autoridade portuaria continuaría permanecendo en Corme.
Con esta fin, García reuniuse este venres, 18 de febreiro, con Rivas, a cal lle disipou todas as dúbidas. É unha boa noticia para a vila, que vive ligada ó sector do mar. Dende o Concello aproveitaron para felicitar ó capitán marítimo pola súa labor ó longo de todo estes anos.
