A caravana dos traballadores de Ence chegou a Madrid

0 minutes read

Alí manifestáronse dende a sede do PSOE ata o Congreso, para reclamar a continuidade da planta de Pontevedra, da que viven arredor de 5.000 familias. Aseguran que Ence é unha empresa que cumpre os parámetros ambientais. Uns 300 condutores achegaron o seu camión ou vehículo auxiliar a Madrid para pedir que non peche ENCE, para que se escoite a voz dos traballadores de ENCE, dos transportistas, estibadores e empresas auxiliares.
Defenden que ENCE Pontevedra non dana o medio, que é unha fábrica ecolóxica e sostible.