Xa queda menos para este emblemático festival folk da Costa da Morte, con declaración de Interese Turístico. “A Carballeira 2024 está de camiño”, anunciaba a organización este venres vía redes sociais. Todos os veráns, cun éxito irresistible, chega unha das mellores festas da contorna. Así, a 39ª edición xa ten data: de novo, dous días de actividades e moita música, o 9 e 10 de agosto nun marco incomparable do Concello de Zas.
A Festa da Carballeira é un festexo humilde, nunha poboación non moi significativa e que conleva asociados moitos riscos e desgustos. Pero é evidente que os obxectivos da organización estanse cumprindo e, aínda que tamén eles sexan humildes, séntense moi orgullosos de eso.
Para que sexa unha realidade ano tras ano conta con contribucións voluntarias dos empresarios locais e de subvencións de cantas entidades públicas se prestan a tal fin. Destacan as aportacións realizadas pola Deputación Provincial da Coruña e a da Administración Municipal debido, en parte, a que a publicidade realizada do festexo leva inherente a da localidade.