A Real Academia de Ingeniería publicaba a principios deste mes de novembro a concesión dos Premios Jóvenes Investigadores do ano 2023. Entre as persoas premiadas atópase a profesora e investigadora carballesa da Universidade da Coruña Verónica Bolón Canedo, quen acadou unha das medallas outorgadas pola institución. A Medalla concédeselle polas súas contribucións na área da aprendizaxe de máquina, onde as súas investigacións resultan “altamente citadas”. Segundo a institución, os seus traballos destacan pola súa variada aplicación social, abarcando áreas como o diagnóstico de retinopatía, a corrección automática de exames no ámbito educativo e, ultimamente, nunha nova área da intelixencia artificial que busca desenvolver métodos computacionais máis eficientes e respectuosos co medio ambiente. Esta distinción foille entregada este martes en Madrid.
55