A carne mechada de marca branca tamén ten listeria

A carne mechada da empresa Magrudis comercializada como marca branca tamén estaba contaminada coa bacteria listeria, segundo confirmaron fontes da Consellería de Saúde da Junta de Andalucía. Así o verificaron as análises preliminares realizadas ás mostras de carne mechada de Magrudis distribuída por Comercial Martinez León, que deu positivo por listeriose. O goberno andaluz informou este venres de que unha «pequena cantidade» desta carne comercializada como marca branca foi inmobilizada e que foi detectada nun comercio da localidade sevillana de Brene.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha