A Casa da Cultura da Laracha acolleu unha nova edición do concurso de panxoliñas

1 minutes read

Este certame de panxoliñas ‘María Angeriz Tuset’ estaba dirixido a asociacións culturais e coros parroquiais do municipio e organízase desde o Concello no marco do programa municipal de Nadal cos obxectivos fundamentais de fomentar o espírito destas datas e apoiar economicamente ás entidades participantes. Houbo un reparto de 2.500 euros en premios, nun auditorio ateigado de público.

O resultado foi o seguinte:

– 1º premio da 1ª categoría (300 €): Grupo de nenos da Asociación Cultural Santa María de Torás.

– 1º premio da 2ª categoría (250 €): Grupo Larapeteiros da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco.

– 2º premio da 2ª categoría (250 €): Coro parroquial xuvenil Santa María de Torás.

– 1º premio da 3ª categoría (200 €): Asociación Cultural Santa María de Torás

– 2º premio da 3ª categoría (200 €): Coro As Salseiras de Caión.

– 1º premio da 4ª categoría (175 €): Coro Xuvenil Santiago de Vilaño.

Cada grupo recibiu, ademais, unha gratificación de 200 € polo feito de participar.