A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá este mes de febreiro a exposición ‘Encontro a tres’

1 minutes read

A Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa de Cultura de Vimianzo contará este mes de febreiro coa mostra ‘Encontro a tres’ de Isabel Soutullo (Coristanco), Josechu González (Carballo) e Maribel Castiñeira (A Laracha).

Os tres artistas bergantiñáns traerán a Vimianzo case unha trintena  de obras de diferentes estilos e modalidades onde destacan a cor, as formas xeométricas e diversas composicións pictóricas.

A exposición inaugurarase este venres, ás 19:30 horas, e poderá visitarse ata o martes 28 de febreiro.

Desde o Concello animan á veciñanza e visitantes a desfrutar “dunha mostra realizada por artistas da comarca que logran expresar os seus sentimentos e a súa forma de vida a través da súa arte”.