A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá o 6 e 7 de xuño o I Foro de Liderado da Costa da Morte ‘Alza Voz de Muler’

O I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte “Alza  Voz de Muller” contará, ademais de con relatoras de primeiro nivel e de experiencias en primeira persoa, cunha feira de emprendedoras, un espazo no que as  mulleres poderán vender e dar a coñecer os seus produtos e/ou servizos. Para iso habilitarase a Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Vimianzo que é o lugar no que se vai celebrar este encontro os días 6 e 7 de xuño. 

Os postos serán limitados, polo que para participar na Feira de Emprendedoras será necesario poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico comunicacion@alzavozdemuller.com

Entradas

Este é un evento, organizado polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña, pioneiro na zona e “propio das cidades” que nace co obxectivo de reflexionar, aprender, inspirar e impulsar novas formas de liderar, emprender e desenvolver as traxectorias profesionais das mulleres.

Ademais de relatorios de primeiro nivel, nos que participarán María Fornet, Yolanda Domínguez, Obdulia Taboadela, Laura Sagnier, Carmen Lence, entre outras; e de mesas redondas con experiencias en primeira persoa; este foro inclúe outras actividades paralelas como actuacións musicais, un cóctel de traballo e a propia feira de emprendedoras.

As entradas para asistir están dispoñibles na páxina web: alzavozdemuller.com

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila