A Casa da Cultura de Vimianzo acollerá un curso sobre a xestión integral de piñeiros

1 minutes read

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria – AGACAL -, en colaboración co GDR Costa da Morte, organiza un curso sobre a xestión integral de piñeiros que se impartirá na Casa da Cultura de Vimianzo do 20 de outubro ao 5 de novembro. A duración do curso é de 40 horas e ten un formato teórico e práctico. As clases impartiranse en horario de tarde.  

Esta é unha formación que impartirán membros da empresa Foresín e está dirixida principalmente a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.As persoas interesadas en asistir a este curso deben cubrir un formulario e envialo por enderezo postal a informacion@foresin.es