A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu a clausura da Escola de Música Moderna

Cedida.

O Concello de Vimianzo comezou este domingo coas clausuras das escolas municipais cun acto no Auditorio da Casa da Cultura, onde se deron cita as alumnas e alumnos da Escola de Música Moderna.

“Logo deste fenomenal concerto só me queda agradecervos o voso esforzo durante todo este ano, que volveu a ser moi difícil, así como o traballo do corpo de profesoras e profesores. Hai moito talento en Vimianzo”, destacou a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

As nenas e nenos executaron temas míticos como o We will rock you da banda británica Queen, Quen Puidera Namorala, de Batallán ou o Bella Ciao. Asistiron as familias nun encontro que marcará o resto de clausuras. A próxima, o vindeiro 27 de maio ás 21:00 horas, onde se darán cita a Escola de Música Tradicional Galega, Danza e Baile Tradicional.