- Trátase dunha mostra do Colectivo Miolos
A Sala de Exposicións Antón Mouzo, situada na Casa da Cultura de Vimianzo, acolle habitualmente exposicións de artistas da Costa da Morte contribuíndo a fomentar o seu coñecemento e a súa posta en valor.
Durante este mes de novembro, os curiosos que se acheguen ata a Sala Antón Mouzo, poderá desfrutar de «O Bululú», unha mostra do Colectivo Miolos. Nesta mostra exponse a vida do Bululú, un actor solitario ou comediante español que viaxaba a pé, de cidade en cidade, facendo pequenas representacións coa súa maleta, a única pertenza de gran valor.
O colectivo Miolos son ilustradores carballeses con gran traxectoria profesional: Milagros Cotelo, Santiago Picos Díaz, Cristina Castro e Mon Lendoiro.
Estes ilustradores uniron a súa creatividade nesta mostra na que conflúen a pintura, a literatura e o teatro nunha performance unidas entre sí grazas o elemento da maleta e do Bululú particular caracterizado pola actriz Carmen Cotelo que coñeceremos o sábado 9 de novembro as 21:15h.
A mostra poderase visitar até o 1 de decembro no horario de apertura da Casa da Cultura. A entrada é de balde.