A Casa da Cultura de Viminazo acolle a exposición “Mestura de expresións”

1 minutes read
  • A mostra, que poderá verse ata o 30 de marzo, ten como protagonista á muller

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a concelleira de cultura Rosa Blanco, acompañaron á artista María Luísa Novais durante a inauguración da súa exposición “Mestura de expresións”, que se poderá ver ata o 30 de marzo na Sala Antón Mouzo da Casa da Cultura.

A pintora, natural de Ponte do Porto, achega á Vimianzo un total de 40 obras -a maioría óleos- cheas de cor e elementos simbólicos onde a muller ten un papel protagonista.

A rexedora agradeceulle á Novais que elixira a Sala de Antón Mouzo para expoñer a súa obra, xa que desde o concello queren que este lugar sexa unha porta aberta ós artistas da comarca.