- Poderá visitarse ata o venres 22 de novembro de luns a venres desde as 9.30 ás 13.30 e de 16.30 ás 19.30 horas.
María Jesús Barros Divos, naceu en Santiago de Compostela, reside en Cee desde finais do ano 1994, salvo unha paréntese de dous anos que residiu en Bailén (provincia de Xaén). Precisamente sería nesta estadía andaluza onde daría os seus primeiros pasos na pintura. De volta en Cee, aumentou o seu gusto pola pintura acudindo a clases primeiro en Corcubión e máis recentemente en Cee, de man do pintor madrileño, David de Lorenzo, que conta con máis de dúas décadas de traxectoria profesional, na que ten desenvolto diferentes proxectos de investigación teórica e plástica tanto de diferentes materiais, como técnicas e procesos pictóricos. A exposición de Cee recolle os froitos do traballo de María Jesús Barros nestes últimos anos.