A Casa de Cultura de Vimianzo acollerá un ano máis a Gala Solidaria de Nadal

1 minutes read

O Concello de Vimianzo colaborará, un ano máis, con Cáritas e Cruz Vermella para realizar a xa tradicional Gala Solidaria de Nadal.

O evento terá lugar o domingo 17 de decembro na Casa da Cultura, a partir das 17:00 horas. Durante a celebración realizaranse actuacións artísticas e un gran sorteo de agasallos. Para poñer o broche de ouro á xornada, haberá chocolatada para todas as persoas asistentes.

As entradas estarán dispoñibles á venda en Cáritas e Cruz Vermella. Ademais, o propio día da gala habilitarase un punto de venda tamén na Casa da Cultura. Todas aquelas persoas que non poidan asistir á Gala, pero queiran aportar o seu grao de area, poderán mercar os pases a modo de colaboración (Fila 0).

Poderanse realizar doazóns de alimentos non perecedoiros a través das “caixas solidarias”, que estarán dispoñibles nos supermercados, igrexas, centros educativos, Concello e nas sedes de Cruz Vermella e Cáritas.

Tamén se pode colaborar económicamente facendo unha doazón no número de conta ES51 2080 0082 4130 0007 3452 de ABANCA.

O Concello de Vimianzo e as organizacións involucradas amosaron o seu agradecemento á cidadanía pola súa disposición a axudar e botar unha man ás persoas que máis o necesitan e instaron a que, un ano máis, mostren a súa solidariedade a través dos distintos puntos habilitados para este fin. Para máis información, pódese contactar a través dos teléfonos 981 717 136 (Cruz Vermella), 686 050 585 (Cáritas) ou 981 707 426 (Servizos Sociais).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?