46
- No módulo de ‘Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web’ están creando unha app móbil de realidade aumentada
O alumnado do programa de emprego ‘Xuventude polo Emprego’ promovido polo Concello de Camariñas, xunto aos de Vimianzo e Muxía, non para de traballar.
No módulo de ‘Instalación de elementos de carpintería’ están a efectuar a renovación de varios elementos deste tipo na Casa de Pedra e, cando rematen, iniciarán as obras na fachada de madeira da Biblioteca Municipal.
Por outra banda, na especialidade de ‘Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web’ están creando unha app móbil de realidade aumentada baseada na páxina web «Ruta de los naufragios». Este traballo permitirá volver a facer visibles nos teléfonos móbiles os 62 barcos que forman parte da ruta, entre eles o Serpent.