37
A Casa do Concello de Carballo iluminouse de rosa no Día Mundial contra o Cancro de Mama en solidariedade por todas as persoas que sofren a enfermidade e co labor incansable que desenvolve a Xunta Local da AECC de Carballo, da que partiu a iniciativa. Foi un acto aberto a cidadanía que comezou ás 20.00 horas e contou coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero, e outros membros da corporación.