A Casa do Mar de Camelle pasa a ser de titularidade municipal

O Concello de Camariñas recibiu a notificación do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones de que aproba a súa solicitude para a adscrición da primeira planta da Casa do Mar de Camelle a favor da administración local por un plazo de 20 anos.

O goberno local ten o obxectivo de, pouco a pouco, acondicionar este espazo e convertelo nunha zona de ocio, respondendo así a unha antiga demanda dos veciños e veciñas desta parroquia.  A Casa do Mar de Camelle, que no seu día foi moi utilizada para realizar cursos de pescadores, actividades ou obras de teatro, atópase agora en estado ruinoso tras máis dunha década de abandono.

“Agora que conseguimos a cesión, a nosa intención é ir rehabilitando o inmoble pouco a pouco para poder facer uso del e que a veciñanza de Camelle teña un espazo en condicións para poder facer actividades, cursos… xa que a casa de Man está quedándose pequena e Camelle é unha das parroquias onde os nenos e nenas máis participan nas actividades que organiza o Concello”, explica a alcaldesa, Sandra Insua.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha