A Casa do Oleiro de Buño converterase nun centro de día antes de finais de ano

Firma Casa do Oleiro de Buño_Ayuntamiento de Malpica

  • O proxecto é unha demanda histórica da veciñanza malpicá e conta cun orzamento de 272.170 euros, financiados pola Xunta

A Casa do Oleiro de Buño quedará convertida nun centro de día antes de que remate o 2021. O alcalde de Malpica, Walter Pardo, asinou esta semana a acta de reformulación para a reforma da infraestrutura. Este proxecto é unha «demanda histórica da veciñanza», destacou o rexedor, e nel investiranse un total de 272.170 euros que serán cofinanciados pola Xunta.

Esta actuación permitirá reconducir a finalidade da infraestrutura para dotar dun servizo de atención cidadá a unha vintena de usuarios. Neste sentido, o alcalde destacou «o importante incremento no nivel de benestar da veciñanza que se conseguirá unha vez remate o proceso de transformación das instalacións».