A Casa do Pescador de Malpica acolleu a Cea das Letras

1 minutes read

A Casa do Pescador de Malpica acolleu este sábado a Cea das Letras, unha cita na que se deu a coñecer a gañadora do XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.

A obra gañadora foi «Feitas ao sisel», de Diana Kurich, elixida polo xurado por unanimidade «pola súa estrutura orixinal desde a inspiración na cantiga popular que se ve substituída coa irrupción dun rexistro culto que provoca unha rica ruptura do poema» entre outros.
O xurado tamén concedeu un accésit á obra “Corpo nomade” de Teresa Ríos Noya, polo seu discurso feminista na expresión e na procura da propia sexualidade.
No acto, no que estivo presente o Alcalde de Malpica, Eduardo Parga, tamén se presentou o libro “Persistencia da música en novembro” da Editorial Xanela, con prólogo de Juan Durán, compositor e Premio Reina Sofia de Composición 2018, e membro da Real Academia Galega de Belas Artes.