‘A casa do terror’ chega a Camariñas para celebrar o Samaín

PIXABAY

  • Será este sábado, ás 18:00 horas, na Casa de Pedra

O Concello de Camariñas celebrará o Samaín este sábado, 30 de outubro, co espectáculo musical A casa do terror, de Xoán Curiel e A banda do verán. Será na Casa da Pedra a partir das 18:00 horas.

A función está dirixida principalmente a un público infantil e familiar. A entrada é de balde ata completar aforo, e os asistentes poderán acudir disfrazados para mimetizarse co ambiente festivo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha