A Casa Galicia de Nova York celebra o 27 de setembro o seu 85 aniversario coa orquestra galega La Oca Band

Orquestra La Oca Band, actuando este pasado mes de agosto nas festas de Noia.

A Casa Galicia de Nova York, «Unity Gallega of U.S.», celebra o sábado 27 de setembro, a partir das 6:30 PM, unha festa por todo o alto con motivo do seu 85 aniversario.

Será unha noite inolvidable chea de música, tradición e ledicia, que contará coa animación da orquestra galega de Sanxenxo La Oca Band, comandada por Dani Dopazo, un deses músicos e á vez directores de formación que nunca deixa de dar a cara polo sector. Ademais, tamén actuarán os grupos de baile Mediano&Ballet e o grupo de gaitas Terra Nosa.

O evento comezará cun «cóctel hour», no comedor da primeira planta, para pasar posteriormente ao menú, composto de: xamón con melón, lagosta rechea, filet mignon, sobremesa, café e bebidas.

Prezos: 

  • Socios: $80 | Fillos de 6 a 15 anos – $40 | Fillos de 16 a 20 – $70.
  • Invitados: $90 | Fillos de 6 a 15 anos – $50  | Fillos de 16 a 20 – $80.

Día final para pagar as reservas: 19 de setembro.

Contacto: (718) 932-1114 / info@casagaliciany.com.

Related posts

Trump anuncia un «marco de acordo» coa OTAN sobre Groenlandia e descarta o uso da forza

O Parlamento Europeo paraliza o acordo UE-Mercosur e envíao á xustiza

Morre Valentino Garavani, o soado deseñador italiano, aos 93 anos