A Casa real informou dunha ‘intromisión cibernética’ na súa conta de Twiter

0 minutes read

A Casa Real española informou este domingo de que se produciu unha «intromisión cibernética» que manipulou a súa conta na rede social Twiter. Fontes da Zarzuela indicaron que se manipulou un seguimento falso á conta do presidente de Ucraína,  Volodimir Zelenski. Detectado o ataque coa entrada na conta da Casa Real, foi xa solucionado e recuperouse a normalidade nesta conta, concluíu o informe.