A catedral de Notre Dame non celebrará a misa de Nadal

PIXABAY

  • Este acto estívose celebrando sen interrupcións durante os últimos 200 anos

Por primeira vez en 200 anos, a misa de Nadal non se celebrará na catedral de Notre Dame debido aos traballos de restauración que continúan despois de que un lume esnaquizase parte dunha das iconas da cultura europea.

Desde 1803 sempre houbo misas do Nadal en Notre Dame, mesmo durante a Primeira Guerra Mundial e a ocupación do exército nazi durante a Segunda.

Nunhas declaracións ao medio francés Le Figaro, o Monseñor Patrick Chauvet, alto funcionario administrativo da catedral, sinalou que “é doloroso porque nos gustaría celebrar o Nadal en Notre Dame pero, ao mesmo tempo, tamén hai esperanza: estamos a avanzar coa reconstrución”.

O clérigo convidou ós fieis que adoitaban ir a Notre Dame en Nadal a que acudisen a Saint-Germain l’Auxerrois, unha das igrexas máis antigas de París.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha