40
A catedral permanecerá pechada, tanto para visitas como para actos de culto, e do mesmo xeito, o museo e o arquivo. O presidente da Xunta, acompañado polo alcalde de Santiago e o director da Fundación, entre outros, visitaron o templo para comprobar como van os traballos. As obras de restauración do templo están case finalizadas pero para garantir a retirada correcta e sen riscos das estadas, o arcebispado decidiu pechar a catedral. Mentres duren estes traballos non haberá visitantes nin tampouco se celebrarán misas. O director da Fundación da Catedral non se atreveu a dar unha data concreta para a reapertura por culpa da pandemia pero si confirma que o 31 de decembro se abrirá a porta santa.